Ultimos Tweets

VOLEI PRAIA NO AREAL DE COMPOSTELA EN VILAGARCÍA

13 de Julio de 2014
Esta fin de semana a praia de Compostela en Vilagarcia acolleu a primeira das xornadas de Verán Deportivo en Vilagarcia de Arousa.

Durante o sábado celebráronse as probas clasificatorias para as finais que tiveron lugar o domingo. As diferentes categorías concentraron no areal vilagarciano numerosas parellas.

As probas senior foron as mais numerosas en participantes, 15 parellas femininas e 26 masculinas.

A proba final senior feminina: parella gañadora: Bouza/Martínez
Masculina: parella gañadora: Tovar/ Vásquez

As probas da categoría Sub19 tivo 27 parellas participantes.

Campionas Feminina: Giraldez/González
Campións Masculinos: Penedo/Sánchez

Sub21. 26 parellas participantes
Parella feminina gañadora. Rivera/Hidalgo
Parella gañadora masculina: Penedo/Sánchez

Asistiu a entrega de premios, Ana Granja Concelleira de Obras e Urbanismo e  vicepresidenta da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcia. 

Imaxes da entrega de premios das probas senior coa concelleira Ana Granja e Eloi Mahía da Federación Galega de Volei.