Ultimos Tweets

Agradecemento ao Concello de Poio

3 de Agosto de 2015

Dende a Federación Galega de Voleibol e VeránDeportivo queremos agradecer publicamente ao Concello de Poio pola súa colaboración para a celebración este fin de semana da proba valedeira para o Campionato Galego de Volei Praia, unha proba que era imprescindible celebrar nesta data, dada conta que o vindeiro fin de semana celébrase a fase final do campionato autonómico. 

Conscientes das dificultades naturais e da imposibilidade de usar a Praia de Lourido na xornada do sábado, elixiuse Raxó coma sede alternativa, reorganizándose o campionato previsto para 5 pistas a tan só 3, pero que grazas a colaboración das institucións e dos veciños da zona, a xornada transcorreu con total normalidade e foi un grande éxito de público e participantes. 

As 9 da noite do propio sábado, e co afán de causar o menor prexuízo posibel aos veciños, procedeuse ao desmontaxe de toda a infraestrutura e o seu traslado a sede final da Praia de Lourido, para vivila emocionante fase final do domingo onde coñecemos os campións de cada categoría. 

Dende os organizadores reiteramos noso agradecemento ao Concello de Poio e a Asociación de Veciños de Lourido por toda a axuda recibida e dende xa prestámonos a que isto sexa só o comezo da nosa relación e poder traer a Poio no futuro esta misma e outras prestixiosas probas do calendario deportivo galego.